As ASUS Eee Pad Transformer comezan a recibir Ice Cream Sandwich

Parece que desta vez si que si, que a actualización para os ASUS Eee Pad Transformer TF101 a Ice Cream Sandwich xa está aquí, concretamente á versión 4.0.3.
Como era de agardar, esta actualización estase facendo vía OTA e os primeiros en recibila son os usuarios de Taiwán. Agárdase que nos próximos días esta actualización esté dispoñíbel no resto de países.
Se es un dos usuarios desta tablet, fainos saber cando a recibas! 

Sobre o autor

Reply