ReallyLateBooking: busca aloxamento para xa e benefíciate de importantes descontos

Imaxinade situacións coma estas…
  • Perdedes un avión e tedes que facer noite nunha cidade lonxe da casa e precisades aloxamento.
  • Estás pasándoo ben nunha excursión dun día e dis… por que non me quedo un día máis?
E así con moitas outras. Ter unha aplicación que nos axuda a buscar aloxamento nunha emerxencia é unha gran idea. Pero se ademais nos ofrece descontos importantes aínda mellor, non si?
Iso é o que fai ReallyLateBooking, unha aplicación coa que poderemos reservar unha habitación para esta mesma noite e con descontos que poden chegar até o 70% para reservas a través da aplicación fronte a facelo directamente co hotel.
Xa hai varias cidades incluídas na aplicación, como Madrid e Barcelona, pero tamén galegas, como Santiago.
Se vos interesa, é unha aplicación gratuíta e está dispoñíbel no Android Market para todos os dispositivos con versións 2.1 e superior.

Sobre o autor

Reply