[PECHADO] Sorteo especial #mwc12 de Mallando no Android

Xa o adiantamos por Twitter: imos facer un sorteo de cousas que logramos conseguir no Mobile World Congress. Non pensedes que foi cousa doada conseguilas, que tivemos que pelexar ben por elas. O caso é que as temos e que queremos que as teñades vós tamén. De aí a razón deste sorteo especial.
Que sorteamos?
Faremos 2 premios:
  • Primeiro premio: altofalantes edición especial Android (caixa grande).
  • Segundo premio: mini Android + pin de Chrome (resto de cousas que aparecen na foto).
Quen pode participar?
Debido ás peculiaridades do evento, desta vez aplicamos condicións especiais para participar. Así, poderá participar quen cumpra estas condicións:
  • Seguirnos agora (non vale facerse follower agora) nalgunha rede social, xa sexa Twitter ou Google+.
  • Ter domicilio en terras galegas.
Ademais, neste concurso tamén poderán participar os redactores do blogue que non foron ao MWC.
Que hai que facer para participar?
Cubrir este formulario [Pechado].
Até cando se pode participar?
Até o luns 5 de marzo ás 23.59 horas.
Como se fará o sorteo?
Publicaremos o martes 6 de marzo á mañá unha listaxe dos participantes, asociando un número a cada un deles. O gañador ou gañadora do primeiro premio elixirase aplicando a operación módulo “número do sorteo da ONCE do martes 6 de marzo” MOD “número de participantes”. O/a seguinte gañador/a será quen siga ao primeiro na listaxe. De caer cara o final da lista, o “seguinte” será o primeiro.
Moita sorte!

Sobre o autor

3 Comments

  1. xabre 3 Marzo, 2012 Responder
  2. Leti gago 6 Marzo, 2012 Responder
  3. Leti gago 6 Marzo, 2012 Responder

Reply