myScreenplays: escribe un guión no teu móbil



O pasado 3 de Febreiro lanzouse no Android Market myScreenplays, unha aplicación para escribir guións cinematográficos empregando o teu móbil ou tablet Android.

A aplicación, que funciona en todas as versións de Android a partires da 2.2 (Froyo), inclúe características de produtividade que lle permiten competir incluso con programas de escritorio semellantes.

Entre as súas características máis destacadas inclúense:

  • Formateado automático do guión (tabulacións, maiúsculas, parénteses, encabezamentos, transicións, portada automática)
  • Edición non liñal. De xeito similar aos programas de edición de vídeo, myScreenplays permite crear, recolocar, duplicar e mover calquera elemento do guión en calquera outro lugar (secuencias, diálogos accións…). Para iso dispón dun “clipboard” avanzado e un sistema de “drag’n drop” para recolocar os elementos facilmente.
  • Tecnoloxía na nube: Usando Google Docs podemos exportar o noso traballo e compartilo entre todos os dispositivos e usuarios que queiramos.
  • Soporte para escaletas. Empregando un sinxelo formulario en liña podemos introducir a nosa escaleta. A continuación o programa creará un guion automáticamente seguindo a escaleta. Ademais inclúe un editor para escaletas.
  • Productividade: autocompletado (para que só haxa que escribir un nome, localización ou acotación unha soa vez), autocompletado intelixente (para dialogar unha secuencia automaticamente predicindo o seguinte falente), entrada de voz (por se queremos ditar o guión), previsualización en tempo real (permite editar directamente na previsualización) e estatísticas (nº de secuencias, nº de personanes, nº de páxinas…).
  • Exportado: myScreenplays permite exportar en html (cun CSS integrado para a súa impresión en formato estándar de guión), pdf (require conexión a Internet), doc (para editar en calquera procesador de texto) ou LaTeX (uso de paquetes estándar de LaTeX para ser facilmente compilado). Está previsto que próximamente acepte importar/exportar formatos de outros programas. Celtx e Final Draft.
  • Multilingua: o programa ten a interface en inglés e castelán, e permite cabeceiras en italiano, alemán, francés e portugués/galego.
myScreenplays foi desenvolvido na Coruña por Xes García e en menos de un mes xa superou os mil usuarios activos en todo o mundo. Está dispoñible en dous sabores, a versión Free que inclúe todas as funcionalidades pero con publicidade e a versión Pro libre de anuncios. Ambas están dispoñíbeis no Android Market: versión gratuita – versión pro.
Nota do editor: dado o campo específico desta aplicación pedímoslle ao autor que fose el mesmo quen explicase para Mallando no Android as funcionalidades da mesma.

Sobre o autor

Reply