ChatOn! Agora tamén en versión de escritorio

Cando falamos de mensaxería instantánea no móbil a todo o mundo se lle vai a cabeza a Whatsapp. Ninguén discute que é a aplicación máis extendida, mais iso si, tamén das peores. Pero parece que aos usuarios pouco lles importan as grandes limitacións (como non poder tela activa en máis dun dispositivo á vez) ou os graves problemas de seguridade que se van descubrindo cada semana.
Xa temos analizado por aquí varias opcións, entre elas ChatOn!, un intento de Samsung de facerse un oco neste complicado mercado. A aplicación ofrece as características típicas deste tipo de ferramentas, como chat individual ou grupal, transferencia de arquivos multimedia… e o mellor de todo é que é multiplataforma, polo que podemos contactar con amigos que teñan Android pero tamén iOS, BlackBerry ou Bada.
Hoxe Samsung anunciou o lanzamento da aplicación para escritorio (Windows), o que fai posíbel que sigamos a empregar este método de mensaxería instantánea case desde calquera dispositivo que teñamos conectado a Internet.
Desde logo a nós parécenos moi interesante e cómodo este sistema. Que credes vós?
Máis info

Sobre o autor

Reply