Actualiza xa o teu Samsung Galaxy S2 a ICS

Se non queres agardar a que chegue a actualización ao teu Galaxy S II podes seguir o seguinte manual que preparamos.

O primeiro que debemos facer é facer unha copia de seguridade dos datos que nos interesa gardar. Despois temos que descargar e instalar o Samsung Kies para enchufar o móbil e comprobar a través do mesmo se xa está dispoñible a actualización. Este paso é importante xa que tamén se instalan os drivers para que o ordenador recoñeza o móbil.

En caso de que non estea dispoñible a actualización debedes, primeiro, descargamos un programa chamado Odín, e o paquete da instalación, que deberemos descomprimir. Se non tedes conta en Hotfile, podedes reiniciar o router entre unha descarga e outra para aforrar a media hora de espera.
Agora collemos o móbil e activamos a depuración de USB, para iso imos a: Ajustes > Aplicaciones > Desarrollo > Depuración de USB. Unha vez feito isto, apagámolo, e prendémolo en modo descarga, para isto mantemos pulsados as teclas de Volume abaixo e Inicio á vez que pulsamos no botón de Acender. Aparecerá un cadro de diálogo que nos dirá que lle debemos dar á tecla de Volume arriba para continuar, dámoslle.
Por último, abrimos o Odín e enchufamos o móbil, notaredes que o recoñece porque se pon un cadro amarelo. Agora clickamos no botón que pon PDA e seleccionamos o paquete de instalación que temos descomprimido, o nome do arquivo é I9100XXLPQ_I9100OXALPQ_I9100XXLPQ_HOME.tar.md5. Dámoslle a Start, e agardamos a que o móbil faga os reinicios pertinentes para desta maneira xa ter o noso saboroso xeado.
Este método non borra os nosos datos, mais é recomendable restablecer os valores de fábrica, para iso apagamos o teléfono e acendémolo pulsando as teclas de Volume arriba e Inicio á vez que pulsamos o botón Acender (neste caso o volume é arriba, non abaixo). Cando nos saia o menú, eliximos “Wipe data/factory reset” coas teclas de volume e aceptamos co botón de Acender. Cando remata, dámoslle a “Reboot system now”, e xa temos o móbil coma novo.

Sobre o autor

Reply