Big Launcher ou como facer dun Android un terminal para todos

Cando pensamos en móbiles accesíbeis a moitos dos que nos flipa todo o que ten a ver coa telefonía móbil váisenos a cabeza a marcas como Emporia, que fabrican dispositivos pensados para persoas con discapacidade visual ou motriz. Terminais simples pero totalmente funcionais.
Pero este é un blogue sobre Android e por iso imos falarvos dunha solución pensada para todos os terminais Android, sendo o único requisito dispoñer da versión 2.1 ou superior. Trátase de Big Launcher, un launcher que convirte o noso terminal nun dispositivo simplificado, con poucas teclas baseadas en iconografía.

Con estas teclas teremos a 6 funcións básicas: teléfono, sms, cámara fotográfica, botón de socorro e menú de aplicacións.

Cómpre facer especial mención á tecla de socorro, que podemos programar para chamar directamente a un número que teñamos predefinido ou para mandar un sms coas coordenadas GPS a quen queiramos por se o usuario se atopa en apuros.

Para usar Big Launcher, como acontece con calquera outro launcher, unha vez descargado e instalado pulsaremos o botón “casa” e amosarásenos a posibilidade de “completar a acción usando…” onde debemos seleccionar Big Launcher.

A aplicación ten un prezo de 0,99 € e pódese descargar desde Google Play

Sobre o autor

Reply