Instagram, xa dispoñíbel para Android

Aquí está. A aplicación de fotografía máis desexada, da que máis se fala. Instagram xa está dispoñíbel para Android.
Falando con propiedade, Instagram é máis ca unha aplicación, é unha rede social na que temos amigos cos que compartimos fotografías ás que lle podemos aplicar un filtro, mais como todos sabemos o éxito destas redes sociais de fotos está cando estas imaxes son compartidas en sitios como Twitter, Facebook ou Foursquare.
O funcionamento é sinxelo: tomamos unha foto, aplicámoslle un filtro (ou non) e compartimos. Sinxelo, non?
Está dispoñíbel en Google Play de xeito gratuíto para todos os androides con versións 2.2 ou superior.

Sobre o autor

2 Comments

  1. Denís 6 Abril, 2012 Responder

Reply