HTC One X e HTC One S xa dispoñíbeis con Vodafone

Vodafone vén de anunciar a incorporación ao seu catálogo de dous terminais de HTC que coñecemos durante o pasado Mobile World Congress, o One X e o One S.
HTC One S
O HTC One S é un terminal de gama alta e pantalla AMOLED de 4,3 pulgadas e resolución qHD. Dispón dun procesador de dobre núcleo de 1,5 GHz fabricado por Qualcomm, 16 GB de memoria interna e 1 GB de RAM. En canto a cámaras, a principal é de 8 MP con apertura de lente F2.0, flash LED adaptábel, mentres que a frontal é VGA.
HTC One X
Pola súa banda, o HTC One X ten un procesador de 1,5 GHz de 4 núcleos e pantalla de 4,7 polgadas Super LCD con Gorilla Glass. A súa capacidade é de 32 GB, con 1 GB de RAM. A cámara traseira é a mesma que incorpora o One S; a frontal en cambio é de 1,3 MP.
Ambos terminais contan con Ice Cream Sandwich e sonido Beats Audio. Ademais están suxeitos á promoción pola cal Dropbox regala 23 GB de almacenamento na nube extra durante 2 anos.
Vodafone comercializa unha edición limitada con auriculares urBeats By Dr. Dre Audio de regalo, que terá unha duración de 6 semanas (ou cando se acaden as unidades, 7.500 dispoñíbeis).
En canto a prezos, para clientes da operadora vermella e asociando unha permanencia de 24 meses, o One S pódese adquirir desde 0 €, mentres que o One X ten un prezo de partida de 79 €.

Sobre o autor

No Responses

Reply