Xa podedes mercar o Galaxy Note en rosa (en Corea)

Se queredes unha Galaxy Note e non vos decidides entre o modelo branco ou o negro, imos darvos unha nova opción: rosa.
E é que o fabricante coreano vén de poñer á venda esta nova cor, ao igual que ten feito con outros dispositivos da gama Galaxy anteriormente, xa que parece que triunfa no país asiático.
Con case o 100% de seguridade este modelo non chegará a Europa, pero se estades interesados podedes buscar por Internet e seguramente atoparedes como mercalo en liña. Lembrade que en Mallando no Android fixemos unha análise deste dispositivo en profundidade.

Vía

Sobre o autor

Reply