SergasApp: pide cita para o médico desde o teu móbil

Seguramente nalgunha ocasión vos víchedes na situación de ter que pedir cita para o médico e non ter a man o número do centro de saúde ou un computador para acceder vía web á páxina de citas.
Agora poderemos levar a cabo accións de solicitude, consulta ou cancelación de citas no servizo de atención primaria do Sergas desde o noso smartphone, grazas a unha aplicación non oficial feita en Galiza, SergasApp.
Entre as opcións máis destacadas da aplicación está a non necesidade de andar metendo o número de tarxeta sanitaria de cada vez. Ademais, poderemos ter configuradas varias tarxetas (por exemplo, de todos os membros da familia) para unha mellor xestión das citas.
SergasApp é unha aplicacion gratuíta que podemos atopar en Google Play

Sobre o autor

2 Comments

  1. Anonymous 11 Xullo, 2013 Responder

Reply