Google Currents actualízase con soporte internacional

Aló por decembro do ano pasado Google presentaba Google Currents, unha aplicación pensada para disfrutar de contidos de revistas dixitais ou de calquera outro contido con fonte RSS nas nosas tablets ou smartphones Android.
Malia que moitos xa estabamos a empregar a aplicación de xeito non oficial, agora vénse de actualizar engadindo o soporte internacional, polo que xa está dispoñíbel na Play Store desde o noso país.

Pero ademais, a actualización mellora a velocidade de sincronización (7x), engade sincronización instantánea ao abrir unha publicación, lectura offline (ideal se dependemos de conexións WiFi ou queremos disfrutar do contido durante un voo, por exemplo) e está traducida en 38 idiomas.
Se queredes disfrutar desta aplicación, podedes baixala desde a Play Store.
Ah! E non vos esquezades de engadir Mallando no Android ao voso Google Currents! Tan sinxelo como abrir a seguinte ligazón desde o voso terminal Android: 
http://www.google.com/producer/editions/CAowraAQ/mallando_no_android

Sobre o autor

Reply