Buscamos ideas para aplicacións e desarrolladores para levalas a cabo. Queremos a túa opinión

Onte fixemos un pequeno experimento no noso Twitter: preguntamos que aplicación ou aplicacións botabades de menos nos vosos smartphones ou tablets e descubrimos que moitas veces as cousas que buscamos son sinxelas pero non están implementadas.
Así, por exemplo, descubrimos que hai quen bota de menos unha aplicación para saber dos buses urbanos de Santiago, ao igual que as que existen para A Coruña ou Vigo. Ou xente que, coma min, cando pon a lavadora ten que poñer tamén unha alarma para acordarse de tender a roupa, e que estaríamos encantados de ter unha aplicación na que, segundo o programa de lavado elixido, soase unha alarma despois do tempo estimado de finalización do mesmo. E así milleiros de ideas.
Por iso pensamos que igual era boa idea crear algún espazo no blogue no que ir poñendo esas ideas ou propostas de aplicacións para que así, os desarrolladores teñan un lugar no que recoller ideas e, se poden, implementalas. Pensamos que pode ser un xeito de que todo o mundo gane: dunha banda os usuarios poderían ver satisfeitas as súas necesidades e os desarrolladores visibilizan o seu traballo e mesmo terían posibilidade de negocio en aplicacións con publicidade ou con versións de pagamento.
Claro está que nós colaboraríamos no traballo de difusión desas aplicacións. Que vos parece a idea? Interesante? Absurda? Gustaríanos moito que participásedes activamente nesta entrada poñendo nos comentarios preferibelmente (ou por Twitter se non queda outra opción…) as vosas opinións e que tipo de perfil tedes, usuarios ou desarrolladores.
Exemplo:
  • Ola, son Fulaniño e son usuario. Penso que….
Agardamos as vosas opinións 🙂

Sobre o autor

7 Comments

  1. Unknown 12 Abril, 2012 Responder
  2. Anonymous 12 Abril, 2012 Responder
  3. Elrohir 12 Abril, 2012 Responder
    • 19_alvaro_82 12 Abril, 2012 Responder
  4. Denís 13 Abril, 2012 Responder
  5. Anonymous 17 Abril, 2012 Responder
    • Álex Alfaya 17 Abril, 2012 Responder

Reply