Powerpot, recargando os nosos móbiles cunha fogata

É un tema recurrente no blogue: a máxima preocupación dos usuarios de smartphones é a duración das baterías. Por moi boas e novas que sexan non dan para rematar 2 días, agás contadas excepcións.
Por iso os que tiramos destes gadgets andamos sempre con cargadores ou baterías extras. Pero… non sempre hai un enchufe no que conectarnos. Por iso en PowerPot pensaron que sería unha boa idea aproveitar a calor dunha fogata ou dun “camping gas”.
Existen dous modelos de PowerPot, o máis adaptado a gadgets é o PowerPot V, de 4 vatios. Ten unha capacidade de 1,4 litros, pesa 340 gramos e permite cargar até 3 dispositivos por USB simultaneamente. Non é que nos valla para o día a día, pero para un momento de emerxencia pode ser unha boa solución, non credes?

Sobre o autor

One Response

  1. profedelingua 18 Abril, 2012 Responder

Reply