Google Drive terá soporte para Linux. A pregunta é: cando?

Hai un comportamento que non nos gusta nada de Google: o esquecemento que ten cos usuarios de Linux. E é que igual que aconteceu cando se lanzou Google Music (que chegou con soporte para Windows e Mac, e non sería até varias semanas despois cando chegaría a versión para Linux), con Drive aconteceu outro tanto.
Malia todo, sabemos que vai haber versión para Linux (de feito podedes ver nesta ligazón a páxina operativa), confirmada por Teresa Wu, Google Docs and Drive Manager. Esperemos que a espera non sexa eterna…

Sobre o autor

Reply