Viste o teu Android de Ice Cream Sandwich (aínda que non cho actualicen)

Moitos dos smarphones máis vendidos algún tempo atrás quedarán sen actualizar a Ice Cream Sandwich e outros, a pesares de ter recibido a súa dose de xeado, sufriron tal personalización por parte do fabricante (como o caso do Galaxy S II) que as diferenzas (aparentes) son ínfimas.
Se estades nalgún deses casos ofrecémosvos un xeito de personalizar o voso terminal para disfrutar, a lo menos en apariencia, da última versión de Android.
Launcher
O primeiro que debemos facer é instalar Go Launcher Ex, dispoñíbel na Play Store gratuitamente. Para aplicar o Launcher, unha vez descargado e instalado, ao pulsar a opción “casa” permitiranos escoller entre usar Go Launcher Ex e o predefinido de Android, así como tamén a posibilidade de marcar para compeltar sempre esa opción con Go Launcher Ex.
Unha vez instalado descargámonos un tema de ICS (hai varios na Play Store, por exemplo este (gratuíto) e o aplicamos desde  menú de configuración de Go Launcher Ex.
Os botóns son totalmente personalizábeis, é dicir, podedes mudar a orde ou o que queirades que apareza.
Pantalla de bloqueo
Para simular a pantalla de bloqueo isntalaremos MagicLockr Main (gratuíta na Play Store), que é como o launcher, pero para o bloqueo. Aderezaremos esta aplicacion co tema ICS correspondente (gratuíto).
Cámara e galería
A cámara de ICS simularémola con Camera ICS, que está dispoñíbel en versión gratuíta e de pagamento (0,99 €), que elimina a publicidade. Os cambios non son só en apariencia, senón tamén en funcionalidades como o modo panorámico.
A galería de imaxes poderemos simulala con Gallery ICS, do mesmo desarrollador e dispoñíbel de xeito gratuíto na Play Store.
Este manual fixémolo baseándonos nuns consellos de Ismael Reyes

Sobre o autor

Reply