Flipboard dispoñíbel para Android antes que o Galaxy S III.

Un dos anuncios que se fixeron durante a presentación do Galaxy S III de Samsung foi o lanzamento en exclusiva da aplicación Flipboard para Android, que nun primeiro momento estaría dispoñíbel só para dito terminal e logo daría o paso ao resto de Androides.
Pois unha vez máis demostrouse que ese tipo de exclusividades son unha parvada. Desde XDA Developers achégase unha vez máis a aplicación antes do seu lanzamento, polo que se queremos facernos con ela desde agora mesmo non temos máis ca descargar a aplicación (ao final do artigo deixámosvos ligazón) e instalala no voso terminal.

Con ela poderedes acceder a unha serie de feeds preseleccionados, aínda que tamén ao vosos ou ás redes sociais Twitter e Facebook. No seguinte vídeo podedes ver algunha das súas características resumidas.
[Descarga] Flipboard para Android (apk)

Sobre o autor

One Response

  1. Sebinhas 10 Maio, 2012 Responder

Reply