StudyBook, a tablet para levar ao cole

Ultimamente falamos moito de tablets, pois parece que este está a ser un eido no que os fabricantes están a por un gran esforzo en diferenciación. E é que cada unha ten un punto forte: unhas están orientadas a ambientes perigosos, como auga, outras para xente que precisa dunha gran pantalla…
Neste sentido Intel vén de pensar nos colexios, un ámbito no que as novas tecnoloxías están entrando cada vez máis. Por iso están a traballar na StudyBook, un dispositivo a proba de caídas grazas a unha carcasa protectora.
Dispón de pantalla de 7 polgadas cunha resolución de 1024 x 600 píxeles e un procesador a 1,2 GHz. A súa memoria RAM é de 1 GB, mentres que a capacidade interna chegaría até os 32 GBs. Pesa arredor dos 500 gramos e ten unha batería que lle otorga 5 horas de uso continuado.
Como sistema operativo empregará Honeycomb e terá un prezo arredor dos 200 dólares. Que vos parece este dispositivo? Vedes viábel que vexamos tablets deste estilo nos nosos colexios?

Sobre o autor

Reply