Android Assistant, unha aplicación 18 en 1

Hai aplicacións que merecen unha mención especial por todas as opcións que permiten levar a cabo, sen precisar ter instaladas numerosas ferramentas por separado. Unha delas é Android Assistant, unha completa suite que nos permite ter controlados moitos aspectos fundamentais dos nosos smartphones.
A aplicación estrutúrase en 3 pestanas:
  • Monitor: é onde se amosan unha serie de gráficos na que podemos achar información sobre a porcentaxe de memoria empregada, a CPU ou a batería.
  • Procesos: trátase dun xestor de procesos que informa das aplicacións que están a funcionar, permitindo matar as que queiramos pechar.
  • Ferramentas: é a que engloba máis funcionalidades, como control do volume, axuste do timbre, limpeza do sistema e da memoria caché, control de enerxía, movemento de aplicacións á SD, xestor de inicio, desinstalador de aplicacións…
Vamos, que se trata dunha ferramenta moi completa e que resulta interesante para ter instalada nos nosos Androides. O mellor de todo é que é gratuíta e compatíbel con todas as versións desde a 2.0. Podedes descargala na Play Store.

Sobre o autor

Reply