Samsung deixa ver os accesorios orixinais para o Galaxy S III

É o terminal do momento, por iso calquera nova relacionada co Galaxy S III é recollida con grande interese. Samsung, consciente de que ir soltando a información con contagotas axuda a crear un interese maior polo seu terminal, vén de facer públicos algúns dos seus accesorios:
C Pen
Como podedes ver na imaxe trátase dun punteiro capacitivo, que o que ten de especial é o seu deseño. Dicir que, como tal, é válido para empregar noutas pantallas capacitivas, obviamente non se limita ao terminal de Samsung.
Hub
O Hub conéctase á televisión a través dun cable HDMI e ao teléfono por WiFi. Grazas a el poderase compartir o que teñamos no teléfono (imaxes, filmes ou o que teñamos na pantalla) na televisión da casa.
Funda
En Mallando no Android consideramos case un delito que os terminais veñan sen funda, por moi básica que sexa. No seu momento, dispositivos como a HTC Magic ou o Nexus One traían unha funda con eles, pero a moda durou moi pouco e agora é unha cuestión xeral que veñan sen ela.Esta funda que ofrece Samsung é especial, porque a parte traseira acóplase no terminal, facendo de tapa traseira, polo que a integración é total.
Dock
Finalmente, un dock de escritorio sinxelo completa a gama de accesorios. Dispón dun compartimento pechado para a batería, quizais a súa faceta máis salientábel.Polo de agora non sabemos nada do ansiado cargador inarámico, que sen dúbida é un dos máis agaradados, aínda que segundo algunhas fontes podería non chegar até o mes de setembro. Pagará a pena a espera?

Sobre o autor

Reply