Songify convirte a túa voz nunha ?fermosa? melodía

Non sabemos cantos de vós sodes bos cantantes, pero xa sabedes o que se di, que hoxe en día “calquera vale para gravar un disco” por todos os arranxos dixitais que se poden facer, aínda que logo no directo non haxa trucos que vallan.
Songify é unha aplicación coa que podemos gravar unha frase e automaticamente quedará musicalizada e poderemos compartir esa obra de arte con quen queiramos. Como estas cousas vense mellor cun exemplo, aquí vos deixamos a nosa proba: [escoita aquí o hit do verán].
A aplicación é gratuíta e podédela atopar nesta ligazón da Play Store.

Sobre o autor

Reply