Google I/O 2012: xa está dispoñíbel o calendario de eventos

Entre o 27 e 29 de xuño celébrase en San Francisco o Google I/O 2012, un evento no que Google se reune con desarrolladores para dar a coñecer ferramentas para o desarrollo de aplicacións e similar.

Entre as temáticas máis reseñábeis están, como non podería ser doutro xeito, Android ou Chrome, así como tamén as aplicacións máis innovadoras de Google, como Google+, Maps, Drive ou YouTube.
Na páxina web do I/O podedes ver todo o calendario de eventos, algúns dos cales serán retransmitidos en streaming.

Sobre o autor

Reply