MS Office chegará a Android en novembro. Mentres, ensinámoste como usalo gratuitamente

Segundo apuntan desde BGR, a partires de novembro poderíamos disfrutar da que sen dúbidas é a suite informática máis completa, Microsoft Office, nos nosos androides. O auxe das tablets, cuxa importancia na nosa vida diaria é cada vez maior, de seguro que tamén ten moito que ver con esta decisión de Microsoft.
Malia todo, se queremos empregar Microsoft Office nas nosas tablets Android temos unha solución doada e, o mellor de todo, gratuíta: Cloud On.
Axudándose do noso almacenamento nalgún dos servizos típicos da nube (Dropbox, Box ou Google Drive), Cloud On permítenos crear documentos de Word, Excel ou PowerPoint desde cero ou abrilos para editar.
Ademais, incorpora un lector para ficheiros pdf e as principias extensións de imaxe (jpg, png, gif…). Complétase coa posibilidade de compartir directamente os nosos documentos por correo electrónico.
Polo de agora o seu uso está restrinxido a outros países e non dispoñíbel en España. Sen embargo, deixámosvos unha ligazón ao noso Google Drive para que poidades comezar a disfrutar desta magnífica aplicación (só válida para tablets con versións 3.1 ou superior) desde agora mesmo. 
[Descarga] Ficheiro apk
Máis info: CloudOn

Sobre o autor

Reply