iGlu, a aplicación imprescindíbel para celíacos

A enfermidade celíaca é unha intolerancia permanente ao gluten que, segundo cálculos da Asociación de Celíacos de Madrid, padece o 1% da poboación europea, sendo as mulleres máis proclives a padecela, unha proporción 2 a 1.

Coincidindo co Día Internacional do Celíaco, que tivo lugar onte, a Fundación Vodafone España xunto á Universidad de Alcalá presentaron unha aplicación para smartphones que proporciona aos enfermos de celiaquía información actualizada sobre produtos libres de gluten visados e precargados na base de datos pública da Asociación de Celíacos de Madrid.

O funcionamento da aplicación é moi sinxelo: basta con achegar o smartphone ao código de barras para que indique se o produto en cuestión contén ou non gluten. Ademais, para evitar problemas como a falta de cobertura á hora de querer consultar información sobre un produto, a base de datos estará precargada no terminal coa aplicación, que conta xa con mái de 3000 produtos catalogados.

Nome da aplicación: iGlu
Prezo: Gratuíta
Desenvolvedor: Fundación Vodafone España
Requisitos: Android 1.5 ou superior
Descarga: Play Store

Sobre o autor

Reply