Xperia Arc, Neo, Mini, Mini Pro, Pro, Active e SE Live Walkman comezan a recibir ICS

O portfolio de smartphones de Sony do pasado 2011 está comezando a recibir xa Ice Cream Sandwich, concretamente a versión 4.0.4. Aínda que non hai data concreta de chegada a España, xa está liberada, polo que é cuestión de días (ou horas) que chegue de xeito automático.
Os terminais afectados por esta actualización son os que seguen:
  • Xperia Arc
  • Xperia Neo
  • Xperia Mini
  • Xperia Mini Pro
  • Xperia Pro
  • Xperia Active
  • Sony Ericsson Live Walkman
Pode que a moitos lles sorprenda non atopar na lista ao Xperia Play. Desde Sony afirman que isto é debido á que as probas con ICS non amosan un rendemento acaído para o terminal-videoconsola, polo que prefiren manter unha versión anterior que funcione mellor.
Os primeiros en recibir a actualización serán os terminais libres. A continuación irá chegando aos das grandes operadoras que os comercializan.

Sobre o autor

2 Comments

  1. Roi Valcárcel 31 Maio, 2012 Responder

Reply