A semana pasada coñecimos a aposta de Google polo mundo das tablets co lanzamento de Nexus 7, o primeiro dispositivo destas características que leva o selo Nexus que diferencia aos dispositivos pure Google.
Semella que o obxectivo do buscador non é quedarse nesa tablet, senón tamén apostar polo outro tamaño “estándar” neste tipo de dispositivos: as 10 polgadas. Neste sentido, empresas como AU Optronics e Wintek estarían xa fabricando as pantallas, polo que o seu lanzamento podería suporse para despois do verán (coincidindo coa presentación do novo smartphone Nexus?).
E a vós cal é o tamaño de tablet que máis vos gusta?
Máis que o tamaño da pantalla eu creo que a aposta por 1280×800 (ou en ningún caso, nada por debaixo de 1024×600) con 216 ppi (e nunca menos de 175 ppi) e IPS é unha escolla gañadora.
En calquera caso 7″ é unha boa medida para transportar e moverte con facilidade co uso dunha soa man, pero case tan importante como a pantalla é o tamaño do borde que é onde temos que colocar os dedos e non é o mesmo facer pinza que ter que suxeitar polas esquinas.