R incorpora o Xperia S e o Xperia P ao seu catálogo de móbiles #mobilR

A operadora galega R vén engadir dous novos androides ao seu catálogo de terminais, o Xperia S e o Xperia P, 2 das grandes apostas de Sony para este ano 2012.
O Xperia S é un terminal que analizamos en Mallando no Android hai uns días, un dispositivo para os usuarios máis avanzados e amantes das boas fotos. Conta cunha pantalla de 4,3 polgadas, cámara traseira de 12,1 megapíxeles (a frontal é de 1,3), 32 GB para almacenaxe interno e 1 GB de RAM, así como tamén outras ferramentas que o fan interesante, coma o chip NFC
En canto a prezos, pódese adquirir nun abano comeza nos 0 € para consumos de 69 ou 79 €/mes+IVE. Para consumo de 49 €/mes + IVE o prezo axústase a 129 €, 259 € para consumos de 29 €/mes+IVE, 329 € para consumos de 19 €/mes+IVE e 399 € para consumos de 9 €/mes+IVE e portabilidade. Para números novos e consumo de 9 €/mes+IVE sae en 429 € e se se quere coller libre, 629 €.
Doutra banda, o Xperia P é un terminal tamén de gama alta, aínda que cunhas prestacións algo máis humildes ca o seu irmán maior: a pantalla é de 4 polgadas e a súa cámara é de 8 megapíxeles. Dispón de 16 GB de memoria interna e 1 GB de RAM e tamén ten chip NFC, entre outras moitas cousas.
O Xperia P poderase conseguir por 0 € para consumos de 69 ou 79 €/mes+IVE, 59 € para consumos  de 49 €/mes+IVE, 189 € para consumos de 29 €/mes+IVE, 259 € para consumos de 19 €/mes+IVE e 329 € para consumos de 9 €/mes+IVE con portabilidade. Para consumos de 9 €/mes+IVE e número novo sae a 359 €, e libre por 469 €.

Máis info: Xperia S / Xperia P

Sobre o autor

Reply