Ruta Rías, a aplicación para coñecer a D.O. Rías Baixas

Non cabe dúbida de que en Galiza somos produtores de bos viños, sendo a D.O. Rías Baixas unha das marcas de calidade máis coñecida. 
Grazas á aplicación Ruta Rías poderase coñecer máis sobre os diferentes concellos nos que se producen estes viños. Así, recolle información dos puntos de interese nos que se inclúen aloxamentos, restaurantes, museos, adegas ou enotecas, entre outros. Ademais, podemos deixar que nos guíe a través dunha ruta dinámica que fai uso do GPS do noso terminal para guiarnos por diferentes puntos xeográficos.
Dispón de calendario de eventos e actividades, así como tamén unha aplicación de xeolocalización mediante mapa ou facendo uso da realidade aumentada.
Nome da aplicación: Ruta Rías
Prezo: Gratuíta
Desenvolvedor: Contact Comunicación
Requisitos: Android 2.1 ou superior
Descarga: Play Store

Sobre o autor

One Response

  1. Ruta do Viño Rías Baixas 12 Xullo, 2012 Responder

Reply