Está preparando HTC un supersmartphone Quadcore a 1,7 GHz?

Como sabedes, os rumores no mundo tecnolóxico son o día a día e hoxe tócalle a HTC ser o centro das miradas cun suposto smartphone que tería entre mans.
Segundo unha filtración, un modelo chamado HTC PM63100 (obviamente non é o nome comercial) contaría cun procesador NVIDIA Tegra 3 a 1,7 GHz, o que viría a ser un dispositivo superior ao actual tope de gama da compañía taiwanesa, o HTC One X.
Ademais de potencia o novo terminal contaría cunha resolución de 1196 x 720 píxeles, algo diferente aos habituais 1280 x 720, e Ice Cream Sandwich, aínda que tendo en conta o estado embrionario desta filtración o máis probábel é que contase con Jelly Bean no momento do seu lanzamento.

Sobre o autor

Reply