Any.Do, o xestor de tarefas para non esquecerse de nada

Cantas veces vos dicides aquilo de “teño que mercar tal cousa antes de ir para casa” e logo non vos acordades? Con todas as cousas que temos na cabeza ter un asistente que nos axude a recordarnos das cousas que temos que facer pode ser unha idea máis ca interesante.
Any.Do é unha das moitas opcións que temos á nosa disposición que destaca sobre outras alternativas semellantes na súa facilidade de uso, vistosidade e nos widgets. Permite varios xeitos de selección de organizar a listaxe de cousas que facer, ben por prioridade, ben por data, e para introducir novas tarefas podemos usar texto ou voz.
Poderemos engadir recordatorios para que nos avise a unha hora determinada e como para usala precisamos crear unha conta tamén nos poderemos conectar a través da aplicación para Chrome (a versión puramente web está en camiño), para ver ou engadir novas tarefas desde o noso navegador de Internet.
En definiva, unha aplicación coa que non teremos disculpa para esquecernos das cousas.
Nome da aplicación: Any.Do
Prezo: Gratuíta
Desenvolvedor: Any.Do
Requisitos: Android 2.2 ou superior
Descarga: Play Store

Sobre o autor

One Response

  1. Anonymous 24 Xullo, 2012 Responder

Reply