A saga Galaxy segue a medrar

A compañía coreana Samsung, líder indiscutible no mercado Android grazas á súa gama Galaxy vén de anunciar un novo evento para o próximo 15 de agosto. No texto, enviado aos medios de comunicación máis importantes,  fálase da presentación dun novo Galaxy, pero non se dan máis detalles.
As apostas falan dun sucesor do Note ou, o que semella máis razoable, da tablet Galaxy Note 10.1, da que non se volveron a ter novas dende o MWC deste ano. O que case se da por feito e que terá que ver, salvo sorpresa, cós Note, sexa smartphone ou sexa tablet.
Recordemos que esta tablet que amosaran aló polo mes de marzo tiña unhas características moi moi semellantes á Galaxy Tab 10.1, pero có engadido de contar cunha stylus, o S-Pen. 
A volta dos stylus é un tema que xera discusión. Vos que credes? Védeslle utilidade ou pensades que as tablets non están pensadas para traballar co lapis?
Vía Engadget
Imaxe Slash Gear

Sobre o autor

2 Comments

  1. Anonymous 26 Xullo, 2012 Responder
  2. Xabi Crespo 26 Xullo, 2012 Responder

Reply

Deixa una resposta a Anonymous Cancelar a resposta