X-view 2 de Thomson: o dual SIM de 5,3 polgadas

A medio camiño entre smartphone e tablet descubrimos o X-view 2 do fabricante Thomson, un dispositivo con pantalla de 5,3 polgadas e resolución qHD 960 x 540 píxeles.
O seu procesador, mononúcleo, vai a 1 GHz e a memoria RAM é de 512 MB. No que ten a ver coa batería, esta é de 2500 mAh e a cámara principal ten 8 megapíxeles. Como vedes, as características técnicas non son novidosas, pero a cambio ofrece a posibilidade de empregar 2 tarxetas SIM, aínda que non de xeito simultáneo.
Chegará con Ice Cream Sandwich ao mercado francés durante este verán, aínda que non hai unha data da súa posíbel entrada ao mercado do noso país nin información sobre unha posíbel actualización a Jelly Bean. Tampouco se sabe nada do prezo, pero de seguro que vai ser máis que competitivo.

Sobre o autor

Reply