Galitaxis: a aplicación para pedir taxis en Galiza

É habitual que a xente que emprega de xeito habitual ou con certa frecuencia o servizo de taxi para desprazarse pola súa cidade teña gardado na axenda do móbil o número de teléfono da central correspondente. 
Pero se nos movemos por diferentes localizacións de Galiza ou se queremos localizar sempre a parada máis próxima á que chamar podemos facer uso de Galitaxis, unha nova aplicación que emprega a nosa xeolocalización (GPS ou a través de rede móbil) para amosarnos as opcións máis próximas cos teléfonos correspondentes para que poidamos chamar directamente.
Galitaxis inclúe máis de 50 localizacións de taxis distribuídas por toda Galiza.
Nome da aplicación: Galitaxis
Prezo: Gratuíta
Desenvolvedor: GalIO
Descarga: Play Store

Sobre o autor

2 Comments

  1. Parabuxiña 16 Outubro, 2012 Responder
  2. Iago Varela Martínez 16 Outubro, 2012 Responder

Reply