Nexus 2013: levando un concepto ao extremo (pero megachachiguai)

Debemos acostumarnos a distinguir rumores de conceptos. Os primeiros correspóndense con informacións que saen á luz dalgún xeito (filtracións de traballadores, cámaras que entran en lugares onde se supón que non deberían estar…) ou informacións creadas por usuarios anónimos co fin de trollear, mentres que os segundos son plantexamentos conceptuais do que podería ser (ou o que “molaría que fose”) un dispositivo futuro.
Hoxe queremos falarvos dun concepto de Nexus (xa sabedes, a liña de terminais pure Google) que anda a circular estes días pola rede. Podería ser a orixe ou a base para crear o novo supersmartphone de Google, aínda que se atendemos a rumores (velaquí a distinción entre rumor e concepto) poderíamos ver varios Nexus de vez a finais de ano ou comezos do 2013.
Este concepto de Nexus estaría baseado nun deseño de Bob Freking e correría Key Lime Pie, nome que seguramente leve a próxima versión de Android (4.2? 5?).
A pantalla sería grande, de 4,8 polgadas, cunha resolución de 1600 x 900 píxeles e Gorilla Glass, mentres que o procesador sería un Nvidia Tegra 4, un quadcore a 1,6 GHz e a batería de 3000 mAh. En canto á cámara, tería 2: a traseira de 13,1 megapíxeles con gravación en fullHD e a dianteira de 3.
Pero se pensabades que o concepto quedaría só en características técnicas estabades equivocados: e é que se sinalas un prezo seria de 299 $ na versión libre e 49 $ vencellado a Google Wireless.
Vamos, como dicían os Herdeiros da Crus, está que te caghas!!

Sobre o autor

Reply