Jelly Bean chegaría aos Galaxy S III o 29 de agosto

Segundo as últimas informacións, Samsung actualizaría o seu buque insignia, o Galaxy S III, á última versión de Android, Jelly Bean (4.1), a finais deste mesmo mes de agosto.

Segundo Sammobile a actualización estaría en proceso de aprobación por parte de Google e chegaría nun primeiro momento a Europa e Asia, antes de dar o salto aos Estados Unidos. O procedemento sería a través de OTA ou do programa de xestión de Samsung, Kies.

Sobre o autor

Reply