Os Portos Deportivos de Galiza xa teñen aplicación Android

ASNAUGA, a Asociación de Clubes Náticos de Galiza, vén de presentar unha aplicación que de seguro será de grande interese para os patróns de embarcacións deportivas no noso país, xa que permite ter no peto información de interese relacioandas cos portos deportivos.
Deste xeito, a través da ferramenta presentada hai uns días, os usuarios de terminais Android poderemos coñecer cales son os portos que temos máis preto e visualizalos nun mapa para obter información variada sobre o mesmo, como o calado, o ancho de entrada ou a posición exacta GPS. Pero ademais permite facer a reserva de praza directamente desde a aplicación, para que non teñamos nin que gastar a chamada.
Nome da aplicación: Asnauga
Prezo: Gratuíta
Requerimentos: Android 2.3.3 ou superior
Desenvolvedor: Dosmasdos
Descarga: Play Store

Sobre o autor

Reply