Ouya, a consola baseada en Android xa se pode reservar desde España

Unha videoconsola económica. Esa é a filosofía coa que naceu Ouya, un proxecto baseado no crowdfunding para atopar o financiamento necesario que o puxera a andar. Dos 767.000 € que consideraban necesarios para que fose un éxito conseguíronse  algo máis de sete millóns de euros, unha mostra do interese xurdido entre a comunidade internauta polo proxecto.

Cun prezo de 96 euros, esta videoconsola baseada en Android conta cun procesador Tegra 3, 8 GB de almacenaxe interno e 2 mandos inarámicos, aínda que poderá admitir até 4. En canto aos xogos, a plataforma está pensada para que estes sexan descargados da Internet.

Desde agora mesmo está aberto o prazo para a súa reserva, tendo en conta que hai que sumar 16 € de gastos de envío a España e que a súa distribución non comezará até marzo do 2013.

Máis info

Sobre o autor

Reply