Feel on!, un cliente de Twitter diferente a todos os demais

Moitos son os que prefiren algún dos centos de clientes alternativos que existen para Twitter, en certo modo porque a variedade fai que haxa ferramentas adaptadas a diferentes tipos de usuarios da rede de microblogging por excelencia.
Hoxe queremos darvos a coñecer Feel on!, unha aplicación que convirte o noso timeline en banda deseñada. Así, detecta exclamacións ou emoticonos para axustar a imaxe que acompaña a un determinado tweet.
Polo demais, podemos facer o mesmo que con calquera outro cliente de Twitter: comprobar as mencións, as mensaxes directas, listaxes, facer buscas… ah! e se nos aburrimos do modo banda deseñada podemos desactivala e ver o noso timeline de forma tradicional.
Nome da aplicación: Feel on! for Twitter
Prezo: Gratuíta
Requerimentos: Android 2.1 ou superior
Desenvolvedor: L is B Corporation
Descarga: Play Store

Sobre o autor

Reply