Google lanza tarxetas agasallo para a Play Store

Nos últimos días sucedéronse rumores sobre a posibilidade de que Google puxera á venda tarxetas agasallo da Play Store, a tenda na que adquirimos aplicacións, libros, filmes e, en breve oficialmente, música.
A nova confírmase ante a aparición da ligazón á páxina de información das mesmas, na que podemos ver que estarán dispoñíbeis 3 versións (10, 25 e 50 dólares) e serán vendidas en tendas dos Estados Unidos, concretamente nas cadeas RadioShack, Target e GameStop.

Vamos, que o que por un lado é unha gran nova vese eclipsada polo de sempre: até o de agora, just in USA, sen novas de cando se vai dar o salto a Europa. Serán conscientes en Google que a competencia, i.e. Apple, leva moito tempo con este tipo de tarxetas á venda para a súa tenda iTunes?

Sobre o autor

Reply