Xperia J: unha nova aposta de Sony como terminal de entrada

Ademais de terminais cos últimos avances tecnolóxicos, a IFA de Berlín tamén vai servir para presentar dispositivos de entrada, aqueles pensados para o público que busca o seu primeiro smartphone.

É o caso do Xperia J, o último smartphone filtrado de Sony, que cun prezo no mercado que rondará os 150 euros disporá de pantalla de 4 polgadas (resulución 854 x 480 píxeles), cámara de 5 megapíxeles, procesador a 1 GHz, batería de 1700 mAh e 512 MB de RAM. Como sistema operativo terá Ice Cream Sandwich (4.0.4).

É o Xperia J un terminal para vós ou para algún coñecido?

Vía

Sobre o autor

Reply