Galaxy Note II e Galaxy Camera: as novidades de Samsung na IFA de Berlín

Samsung chegou á IFA, a feira tecnolóxica que se está a celebrar estes días en Berlín, con 2 novos dispositivos que veñen a engrosar a saga Galaxy: o segredo a voces da Galaxy Note II e a Galaxy Camera, unha cámara fotográfica con Android nas súas entrañas.

Galaxy Note II

Sen lugar a dúbidas, a Galaxy Note II era un dos dispositivos máis agardados dos que Samsung tiña preparados para a feira berlinesa e, obviamente, non defraudou.
Este dispositivo conta cun deseño que nos lembra ao Galaxy S III, mais cunha pantalla HD Super AMOLED de 5,55 polgadas que ofrece gran nitidez. O seu procesador é de catro núcleos a 1,6 GHz, o que se traduce nunha gran potencia para desenvolver todo tipo de actividades e comercializarase en varias versións diferentes segundo a súa capacidade de memoria, sempre ampliábel a través de microSD’s.
Dispón de dobre cámara, de 8 e 1,9 megapíxeles e batería de 3300 mAh que imaxinamos dará unha autonomía de un día e medio para un uso intensivo.
Unha vez máis Samsung volve a sorprender con intelixencia software, neste caso moi focalizada no S -Pen, o stylus característico da saga Note; así, por exemplo, con tan só poñer este dispositivo sobre unha imaxe ou vídeo ofrecerase unha vista previa do mesmo sen necesidade de abrilo, o que facilita moito as cousas á hora de xestionar correos ou docuementos.
Outras ferramentas interesantes son Popup Play, que permite abrir S Note, a aplicación de notas, durante o transcurso dunha chamada para poder anotar información que nos transmita o noso interlocutor ou Quick Command, co que poderemos acceder a actividades personalizadas (enviar email, buscar documento, facer chamada…) con certos xestos do S-Pen.
Estará dispoñíbel a partires de outubro en branco mármol e gris titánio e contará desde a súa saída con Android 4.1 (Jelly Bean), a última versión do sistema operativo de Google.
Galaxy Camera
Pola súa banda, a sorpresa foi a Galaxy Camera, unha completa cámara fotográfica á que Samsung quixo poñer Android (4.1, Jelly Bean) e conexión a rede; de feito haberá 3 versións: WiFi, WiFi+3G e WiFi+4G.
A Galaxy Camera conta cun zoom óptico táctil de 21 aumento, sensor BSI CMOS de 16 megapíxeles e gran angular de 23 mm. Compleméntase cunha pantalla HD Super Clear LCD de 4,8 polgadas e software de edición fotográfico (Smart Pro) para conseguir mellores resultados.
Que vos parecen estes novos dispositivos?

Sobre o autor

Reply