HTC lanza o Desire X na IFA 2012

HTC tamén vén de presentar un novo terminal no marco da IFA 2012, aínda que neste caso o fabricante non quixo apostar por gama alta, senón por unha gama media que cada vez vai gañando mellores caracteríticas.
Así, o novo terminal de HTC destaca polo seu procesador de dobre núcleo Snapdragon a 1 GHz, unha cámara de 5 megapíxeles e o espectacular son que brinda Beats Audio, así como tamén pola súa pantalla de 4 polgadas. Como sistema operativo trae Ice Cream Sandwich (4.0), coa interface Sense de HTC.
Como diciamos, a cámara é un dos elementos destacábeis, cun sistema que mellora as imaxes en condicións de pouca luz (tecnoloxía ImageChip), ademais de lentes f/2.0 de ángulo ancho e 28 mm, sensor BSI, modo HDR e flash. Como os seus irmáns maiores da serie X presentados este ano, permite tomar imaxes á vez que se está gravando un vídeo.
Estará dispoñíbel en setembro en dúas cores, branco e negro, por 329 euros.

Sobre o autor

Reply