Google podería estar preparando unha Nexus 7 con 3G

Non cabe dúbida de que a Nexus 7 de Google está a ser un éxito entre as tablets. E é que contar cunhas características hardware envidiábeis, un prezo asequíbel e a garantía de software actualizado directamente por Google son 3 factores moi a ter en conta.
Mais se nalgo falla é que, até o de agora só existe a versión WiFi, algo que limita ás persoas que precisan unha tablet conectada e, polo tanto, con tarxeta 3G. Pois segundo un último rumor, Google podería estar a preparar unha Nexus 7 con 3G e sairía á venda durante os próximos meses, seguramente  arredor das datas nas que Apple presente o seu iPad (Mini?).
A nós parécenos unha gran idea, que opinades vós?

Sobre o autor

Reply