Motorola presenta novos terminais. Damos a benvida aos Razr M, Razr HD e Razr Maxx HD

Motorola vén de presentar 3 novos terminais que seguen a ampliar o seu portfolio de dispositivos, nesta nova vida ligada a Google tras a compra que a compañía do buscador fixo hai uns meses. Nun evento no que tamén se falou moito de Android descubrimos ao Razr M, Razr HD e Razr Maxx HD.
Razr M
O novo Razr M é un terminal que conta con pantalla de 4,3 polgadas con resolución de 960 x 540 píxeles e tecnoloxía Gorilla Glass, procesador de dobre núcleo a 1,5 GHz, dobre cámara (a principal de 8 megapíxeles, que parece que se está a converter nun estándar) e unha batería de 2000 mAh. Dispón ademais de 8 GB para almacenaxe itnerno e 1 GB de memoria RAM.
Sairá á venda con Ice Cream Sandwich actualizábel en cuestión de semanas a Jelly Bean.

Razr HD / Maxx HD
Como xa temos visto noutras ocasións (lembremos oas Ascend de Huawei), Motorola decidiu comercializar un dos seus novos terminais en dúas versións dacordo á capacidade da súa batería. É dicir, HD e Maxx HD comparten todas as características técnicas pero o primeiro con 2500 mAh e o segundo con 3300 mAh, diferenza que será máis ca notábel en canto a autonomía.

A pantalla tamén é Gorilla Glass, aínda que desta vez é de 4,7 polgadas HD S AMOLED e con resolución 1196 x 720 píxeles, o procesador é de 4 núcleos e 1,5 GHz, cámara traseira de 8 megapíxeles, 1 GB de RAM e modelos de 16 e 32 GB, ampliábeis por microSD en 32 GB extra.
Ao igual ca o Razr M, sairán con ICS actualizábel a Jelly Bean.

Con cal vos quedades vós?

Sobre o autor

Reply