Samsung vende máis de 20 millóns de S III en 100 días e anuncia novas cores

Samsung vén de superar a envexábel cifra de 20 millóns de unidades vendidas do que é o seu smartphone estrela, o Galaxy S III, tras 100 días desde a súa posta á venda en maio deste ano.

Aproveitando a ocasión confirman a novas cores que se suman aos iniciais Pebble Blue e Marble White. Así, o Galaxy S III tamén estará dispoñíbel en Aber Brown, Garnet Red, Sapphire Black e Titanium Gray

Sobre o autor

Reply