Movistar xa permite pagar as aplicacións de Google Play na factura

Tras un período de probas cun reducido número de clientes, Google e Movistar veñen de activar o pago de aplicacións ou outro contido da Play Store de Google a través da factura de telefonía ou descontando o custe do saldo en caso de cartón prepagamento, o que aforra aos clientes ter que dar o número de tarxeta de débito/crédito.
Para poder aplicar este método os usuarios da compañía de telefonía móbil deberán escoller “pago en factura” á hora de elixir o método de pagamento do contido mercado.

Sobre o autor

Reply