R lanza o Galaxy S III, o smartphone máis potente de Samsung

A operadora galega R vén de anunciar o lanzamento dun dos terminais clave no devir de Android, o Galaxy S III, que vén a ser o buque insignia do fabricante coreano, e que xa analizamos hai algún tempo no noso blogue.
Este terminal conta cunha pantalla Super AMOLED de 4,8 polgadas e procesador de catro núcleos a 1,4 GHz. A súa memoria interna é de 16 GB, ampliábeis por microSD noutros 64 GB extra.
Destaca a súa cámara principal, que chega aos 8 MP, quedando a frontal nuns máis que aceptábeis 1,9 MP. En canto á batería, esta é de 2100 mAh.
No que ten a ver cos prezos, atopámonos con que se comercializa nun abano que comeza nos  0 euros, segundo esta táboa

Máis info

Sobre o autor

Reply