Chameleon Launcher: quizais o mellor launcher para tablets Android?

Despois de pasar por estado beta chega á Play Store a versión final de Chameleon Launcher, unha completa ferramenta para personalizar as pantallas de inicio das nosas tablets Android.

Para moitos, as tablets convertíronse nunha ferramenta case que imprescindíbeis, tanto para o traballo coma o ocio. E segundo vai pasando o día pode que empreguemos máis unhas ferramentas ou outras. Por poñer un exemplo, ao mellor somos dos que co primeiro café da mañá consultamos novas e redes sociais, logo empregamos ferramentas máis orientadas ao traballo e no serán disfrutamos de ler un libro mentres escoitamos música a través de Play Music ou de ver un filme / capítulo de serie.

Neste sentido, Chamaelon Launcher permite que teñamos definidos diferentes escritorios, que cambien co paso das horas. Ou segundo onde nos atopemos grazas ao GPS. Ou segundo a que rede WiFi estemos conectados. Nós somos quen decidimos como han cambiar estas interfaces. Interesante, non?

Pero sen dúbida o mellor desta launcher son os widgets, que nos permiten ter a información que máis nos interesa a man, aínda que segundo comentan aínda quedan moitos por chegar.

Podedes ver como vai Chameleon Launcher no seguinte vídeo.

Nome da aplicación: Chamaleon Launcher for tablets
Prezo: 7,86 €
Requerimentos: Android 3.2 ou superior
Desenvolvedor: Chamaleon Launcher
Descarga: Play Store

Sobre o autor

Reply