Google celebra as 25.000 millóns de descargas na Play Store con xogos e apps a 0,25 € e pelis, libros e discos rebaixados

A Google pásalle como a nós: gústalle celebrar os éxitos con quen os fai posíbel. E se nós abrimos un concurso (participa, it’s free!!) para celebrar os máis de 1000 seguidores en Twitter eles fan unha gran rebaixa para celebrar os 25.000 millóns de descargas na Play Store, a tenda de aplicacións (e libros. E películas. E música).
Así que durante 5 días poderemos baixar aplicacións e xogos dos principais desarroladores (Gameloft, Electronics Arts, Rovio, Runastic…) por 0,25 $ (supomos que aquí 0,25 €, aínda que está por confirmar).
Ademais tamén seleccionaron as 25 películas, os 25 libros e os 25 discos “que todo o mundo debera ter”, así como as 25 revistas máis vendidas para facerlles un desconto especial.
Estes prezos estarán dispoñíbeis ao longo do día na Play Store.

Sobre o autor

Reply