Asus actualiza os Transformer Pad Infinity e Transformer Prime a Jelly Bean

Asus vén de confirmar que comeza (en Estados Unidos e, de aí ao resto do mundo) a actualización á última versión de Android dispoñíbel, Jelly Bean (4.1) das tablets Transformer Prime (TF201) e Transformer Pad Infinity (TF700)
Ademais das características que inclúe por defecto Jelly Bean, Asus asegurou que a súa actualización tamén afecta a outras características das Transformer, como a introdución do bloqueo da barra de sistema, o soporte para dock de escritorio ou a selección múltiple de imaxes e a eliminación de soporte para Flash, WiFi Direct e PressReader.

Sobre o autor

Reply